Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz concéntrase contra a violencia machista

Por 23 Novembro, 2019Sin comentarios

Na explanada traseira da casa do concello do Concello de Guitiriz reuníronse 70 persoas para levar a cabo unha acción reivindicativa polas vidas das 70 mulleres, nenos e nenas que foron asasinadas polo machismo no que vai de 2019.

O acto, que se enmarca dentro das accións que leva a cabo o Concello polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, busca mostrar a magnitude total desta lacra xa que existe un goteo constante ao longo do ano que fai que se perda a conta e normalícese a situación nas noticias do día a día.

A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, que se sumou á reivindicación, destacou que “este tipo de accións son moi necesarias para mostrar á sociedade a magnitude dun problema que se repite ano tras ano e que debemos atallar dunha vez por todas coa colaboración de toda a sociedade”.

Desde o Concello emitiuse o seguinte comunicado:

“70. 70 persoas son as que aparecen nesta foto. A mesma cantidade que mulleres, nenos e meniñas foron asasinados polo machismo neste 2019 (51 segundo cifras oficiais e 19 máis que, para nós tamén son vítimas). 70 vidas e máis de 60 asasinos. Un goteo constante ao longo do ano do que deseguido perdemos a conta e normalizamos nas noticias do día a día. Calquera das mulleres da foto podería ser unha máis; calquera ao teu arredor. Esta é a magnitude, e querémoscha mostrar. Porque ou machismo mata. Queremos facer un agradecemento especial a todas as persoas que colaboraron para a realización da foto”.