Axencia de colocación

Guitiriz informará aos veciños sobre o programa Toponimízate

A aula Cemit do Concello de Guitiriz albergará o mércores, 27 de novembro, ás 19 horas, unha xornada para profundar na toponimia do Concello e promover a súa recuperación.

Toponimízate é unha campaña promovida pola Real Academia Galega e a Xunta de Galicia co obxectivo de achegar á cidadanía información sobre a historia do galego falado na súa contorna e as características da paisaxe no momento no que se bautizou cada zona.

Ademais, esta charla tamén permitirá prover aos técnicos municipais das ferramentas necesarias que lles faciliten a tramitación de expedientes relacionados coa planificación e xestión do territorio municipal, nos que deben usar os topónimos normalizados.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, animou aos veciños e veciñas de Guitiriz a asistir a esta xornada xa que “está en mans de todos, tanto das administracións como de cada particular, salvagardar o patrimonio inmaterial que se esconde no noso idioma”.

Etiquetas