Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz repartirá 700 euros nunha campaña de Nadal para potenciar o comercio

Por 26 Novembro, 2019Sin comentarios

O goberno local de Guitiriz continúa impulsando iniciativas co obxectivo de potenciar as compras nos establecementos do municipio. Agora, deseñou unha campaña de Nadal titulado Dálle vida a túa vila na que se repartirán premios por un total de 700 euros.

Esta acción desenvolverase desde o 13 de decembro ata o 5 de xaneiro e participarán un total de 42 empresas de distintos sectores: comercios de roupa, mercerías, droguerías, librerías, talleres, fruterías ou supermercados.

Durante estas datas, por cada compra nun destes establecementos, entregaranse rifas para poder participar no sorteo dun cheque regalo de 300 euros e catro de 100 euros para gastar nos establecementos de Guitiriz. O sorteo realizarase o día da cabalgata de Reyes no pavillón municipal.

A alcaldesa, Marisol Morandeira, agradeceu a participación aos establecementos que forman parte da campaña e animou aos veciños e veciñas do municipio para facer as súas compras de Nadal no municipio para “entre todos dinamizar a economía de Guitiriz nunhas datas tan sinaladas”.