Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Riotorto organiza o día 1 de decembro o Mercado de Outono

Por 26 Novembro, 2019Sin comentarios

Coa chegada do outono, o Concello de Riotorto impulsa dúas actividades que xa se teñen celebrado no municipio co apoio da Asociación de Empresarios (AER).

Así, está prevista a celebración da quinta edición da Ruta das Tapas, os días 29 e 30 de novembro, á que seguirá o domingo 1 de decebro, a celebración do Mercado de Outono no que haberá servizo de polbo á feira, ademais dunha morea de postos con verduras, roupas e outros materiales.