Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade acolle un taller sobre igualdade e violencia de xénero

Por 27 Novembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Rábade acollerá este venres 29 de novembro o Taller de igualdade e loita contra a violencia de xénero no medio rural de Lugo, deconstruíndo unha realidade. Trátase dunha iniciativa da Federación de Asociacións de Veciños de Lugo en colaboración coa Deputación que se está a desenvolver por moitos concellos da provincia de Lugo.

En Rábade impartirase o venres 29 de novembro, ás 17 horas, no centro social do Concello. Os interesados en obter máis información poden solicitala no teléfono 982 203 721.