Skip to main content
Actualidade

Castro acolle un espectáculo infantil contra a violencia de xénero

Por 29 Novembro, 2019Sin comentarios

A Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea acolle este sábado, 30 de novembro a representación Iriña bailarina, a cargo de Teatro dos Gazafelhos.

Esta representación, que terá lugar a partir das 128.30 horas está vinculada á loita contra a violencia de xénero.

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo: xogar sen límites para crecer sen medidas.

Ghazafelhos e María Canosa propoñen reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

Dacabalo do conto Iriña Bailarina de Cristina e Pomba publicado dentro da colección A Igualdade Conta por Edicións Embora, a compañía crea un contacontos dramatizado onde o público ten a última palabra.