Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Os veciños de Órrea reúnense para falar da finalización das obras na igrexa

Por 29 Novembro, 2019Sin comentarios

Os veciños e veciñas de Santa Comba da Órrea están convocados a unha reunión este sábado, 30 de novembro, para falar do remate das obras que se están a desenvolver na igrexa parroquial.

A reunión terá lugar ás 16.30 horas no local social parroquial (Escola da Travesa) e ademais de anunciar a finalización dos traballos que realiza o Obispado falarase do estado no que quedará a igrexa unha vez que estas rematen.

Ao finalizar o informe, os asistentes decidirán os pasos a seguir para a conservación do templo a partir de agora. Debido á importancia que teñen os asustos a tratar prégase a asistencia.