Skip to main content
ActualidadeMeira

A mostra itinerante Imaxes do Nadal abre en Meira

Por 1 Decembro, 2019Decembro 3rd, 2019Sin comentarios

O Grupo Fonmiñá, coa colaboración do Colectivo Egeria, expoñerá no centro sociocultural Federico González López de Meira a mostra Imaxes do Nadal. Esta mostra está organizada polo centro cultural José Domínguez Guizán dentro dos actos do Belén de Begonte, e co apio do Concello de Meira.

A mostra abre este martes 3 de decembro, ás 17.00 horas e poderá visitarse durante dúas semanas na súa ubicación meirega. Está conformada por un total de 32 fotografías relacionadas con temas do Nadal e que foron realizadas por nove membros do Grupo Fonmiñá.

Así, poden verse obras de Eduardo Ochoa, Miguel Calvo, Fernando Gago, Miguel Fraga, Xosé Manuel Otero, Toñi Fernández *Ónega, José Manuel Guisasola, Gerardo L. Méndez e Higinio Flores.

Despois da súa estancia en Meira, a exposición itinerante trasladarase outros 15 días á biblioteca de Castro de Ribeiras de Lea e outras dúas semanas ao centro sociocultural de Friol.