Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Esta semana haberá marchas militares preto do campo de tiro de Guitiriz

Por 1 Decembro, 2019Sin comentarios

O Campo de Manobras e Tiro de Parga (Guitiriz) acollerá unha serie de marchas topográficas levadas a cabo polas Unidades da Armada. Ditas accións requiren o desprazamento polo exterior da propiedade militar. Estas marchas levaranse a cabo polo termo municipal do Concello entre o 2 e o 9 de decembro.

Estas marchas, que teñen lugar todos os anos polas mesmas datas, avísanse con antelación a través dun bando da Alcaldía para que poboación asuma ruidos e demais.