Skip to main content
Agro TERRACHÁXAGuitiriz

Xermolos celebrará a súa cea anual o 14 de decembro

Por 3 Decembro, 2019Sin comentarios

O 14 de decembro será a data da celebración da cea de amigos e amigas de Xermolos que ten lugar todos os anos no restaurante La Casilla a partir das dez e cuarto da noite.

As entradas están á venda no Centro, Soa, Xoldra, Foto Suso e Flamingo e Kantero por un prezo de 20 euros. Debe facerse a reserva antes do 11 de decembro.

Unha vez finalizada a cea haberá foliada coa Banda Pardinazo. Nesta ocasión, a festa está adicada aos 40 anos de vida do festival de Pardiñas.

Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto no teléfono 608 589 012.