As Pontes acolle o día 6 o musical La Bella y la Bestia

O musical La Belle y la Bestia poderá verse o día 6 de decembro no auditorio municipal Cine Alovi das Pontes a partir das 18.00 horas dirixido ao público de todas as idades.

Érase unha vez un príncipe que vivía nun resplandecente castelo. A pesar de ter todo o que podía desexar, era egoísta e consentido. Unha noite, unha bruxa lanzou un maleficio sobre el e todos o que alí vivían. Como castigo, o príncipe foi condenado a ser unha besta, e só podería librarse dese maleficio se conseguía namorarse dunha moza antes de que caese o último pétalo dunha rosa encantada. Dez anos despois, unha nova chamada Bela chega ao castelo para rescatar ao seu pai, que é prisioneiro da besta…

As entradas están xa á venda a un prezo de 5 euros online en www.tickentradas.com. Tamén venderanse na propia taquilla do auditorio os venres de 12:00 a 14:00h e o xoves 5 de decembro no mesmo horario. O día 6 de decembro abrirase a taquilla ás 17h.

Etiquetas