Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

Galicia e Asturias reforzan a súa colaboración fronte á couza guatemalteca da pataca

Por 8 Decembro, 2019Sin comentarios

Para reforzar a coordinación entre Galicia e o Principado na loita fronte á couza guatemalteca da pataca fixose unha xuntanza entre o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, e a directora xeral de Desarrollo Rural de Asturias, Begoña López.

Esta xuntanza de traballo, na que tamén participaron técnicos de ambos departamentos, tivo carácter preparatorio do encontro previsto proximamente entre estas dúas comunidades autónomas e responsables do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que supervisa estes labores no conxunto de España. 

A reunión serviu para avaliar a situación do organismo de corentena a ambos lados do Eo, con vistas ao posible levantamento da prohibición de plantar tubérculos en determinadas zonas de Asturias e Galicia, tendo en conta o cumprimento dos requisitos establecidos pola normativa de aplicación, en particular o feito de non rexistrarse a presenza do insecto durante un período de dous anos dende a última captura.

Ambos directores destacaron a coordinación existente no desenvolvemento destas tarefas e puxeron de manifesto, de novo, a importancia da colaboración de todos os interesados cos poderes públicos para facer fronte á couza. De feito, no caso de Galicia as medidas de control propiciaron nestes días a detección de casos de tubérculos afectados pola couza en almacéns de autoconsumo en tres parroquias dos municipios coruñeses da Laracha e Carballo, o que obrigou a reforzar nestas zonas as actuacións de erradicación e control, actualmente en marcha.