Skip to main content
Actualidade

II Campus de Nadal das Pontes de tecnificación de fútbol sala será en xaneiro

Por 8 Decembro, 2019Sin comentarios

O grupo Lago DVSport das Pontes organiza en colaboración do Concello o seu II Campus de Nadal.

Neste campus, que será o 2 e 3 de xaneiro de 10 a 18 horas, tratarase a tecnificación de fútbol sala, e haberá adestramentos específicos para porteiros, visitas de xogadores e adestradores profesionais, e moitas máis sorpresas.

O xantar está incluído, e ademais, os participantes levaran de regalo unha equipación.

Para participar haberá que inscribirse chamando ao 679 371 472 ou mandando un correo a lagodvsport@gmail.com. A data límite é o 17 de decembro.