Skip to main content
ActualidadeBegonte

Begonte organiza unha campaña de recollida de alimentos

Por 9 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Begonte organiza unha campaña de recollida de alimentos que levarase a cabo ata o 20 de decembro.

Así, recollerán todo tipo de alimentos non perecedeiros, en especial doces navideños como turróns ou polvoróns, latas de conservas, aceite de oliva, leite, legumes, arroz…

O punto de recollida será na Casa do Concello de 9 a 14.30 horas.