Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Riotorto organiza unha comida de Nadal

Por 9 Decembro, 2019Sin comentarios

Gamesport en colaboración co Concello de Riotorto organiza unha comida de Nadal para o xoves 19 de decembro ás 14.30 horas na Casa da Cultura.

O xantar ten un prezo de 15 euros por persoa e consta de callos, costela asada, tarta de Riotorto, café, bebidas e chupito.

Para poder asistir é necesario apuntarse no 608 897 418 antes do 13 de decembro.

Terán preferencia as persoas inscritas nas actividades dos centros veciñais.