Axencia de colocación

O Concello destinará 173.000 euros ao cambio de luminarias en Castro de Rei e Ribeiras de Lea

O Concello de Castro de Rei destinará un total de 274.000 euros do Plan Único de Deputación Provincial para seguir o proceso de mellora das vías de comunicación das parroquias, que se están a facer en aglomerado en quente. Estas obras repartiranse por diferentes puntos do termo municipal.

Estes traballos veñen a completar os realizados recentemente na parroquia de Triabá, onde se invistiron na mellora de vias un total de 92.000 euros con cargo a  unha subvención da Xunta de Galicia.

Así mesmo, o Concello acometerá o cambio de luminarias mediante unha subvención do IDAE para a renovación de instalacións e o regulamentario cambio a LED por importe de 143.000 euros que se executarán en antes da primavera. Posteriormente tamén se investirán outros 30.000 euros para realizar esta mesma operación en Castro de Rei

Etiquetas