Bonos consumo Vilalba

Xermolos presentará os cds e dvds de Cantando as Corenta

Xermolos prepara un acto de presentación dos cds e dvds de Cantando as Corenta Xl Festival de Pardiñas. Este CD recolle concerto de tres horas que interpretaron creadores que fixeron grande o Festival de Pardiñas e co que se celebrou este ano o aniversario do 40 festival.

Este acto será o día 14 de decembro ás 20.30 na Casa Habanera de Guitiriz.

Terá a participación de Antón Reixa, Pepe vaamonde, Susana Seivane, Xosé Manuel Pereiro, Xurxo Souto e os músicos da Banda Pardiñazo.

Os cds estarán á venda no café Soa, Casa Gaibor, Foto Suso, floristería Teixido, libería Castaño, nas cafeterías Xoldra de vilalba e Guitiriz, na Tradescola de Lugo e na Cova Céltica da Coruña.

Etiquetas