Skip to main content
AbadínActualidade

Ramón Ramil substituirá a Edita Castiñeira no grupo de goberno de Abadín

Por 12 Decembro, 2019Sin comentarios

Ramón Ramil volverá á corporación de Abadín trala renuncia da anterior concelleira de  mocidade, educación e escolas infantís de Abadín, Edita Castiñeira. Este político volve a unha corporación na que estivo os últimos 32 anos xunto ao alcalde, José María López Rancaño.

Ramón Ramil, tamén do Partido Popular, é xubilado da gandeiría que recibirá as funcións cando o pleno o aprobe.

Edita Castiñeira anunciou a renuncia ao seu cargo para regresar ao seu posto de traballo antes de pertencer á corporación no Punto de Atención á Infancia (PAI).

A ex concelleira volverá ao PAI, ao que se pretende ampliar o horario, segundo explicou o alcalde, para suprimir a pausa do mediodía. Esta medida farase efectiva cando a ex concelleira volva da baixa médica. O novo horario do PAI será de 8.00 a 20.00 horas.

O alcalde local, José María López Rancaño, valorou “positivamente” o paso de Edita Castiñeira polo Concello e considerouna “a persoa idónea pola súa experiencia” para ocupar o cargo non PAI. ” Volve para o traballo que lle gusta e todos sabemos da súa valía cos nenos”, engadiu Rancaño.