Enquisa Mobilidade

O Concello de Abadín terá un campamento para nenos e a tradicional cabalgata este Nadal

O Concello de Abadín organizará este Nadal un campamento para os nenos co obxectivo de axudar a conciliar a vida familiar e laboral neste tempo de lecer. Os campamento desenvolverase os días non lectivos entre o 23 de decembro e o 6 de xaneiro durante as mañás, nas que os pequenos realizarán actividades de lecer e educativas.

Pero esta actividade complementa tamén un programa non que a cabalgata de Reis será o eixe do Nadal. O día 5 os Reis chegarán tamén a Abadín, onde serán recibidos polo equipo de Goberno no salón de usos múltiples do novo Concello. Depois subirán nos seus vehículos, coches clásicos como teñen por costme, e acudirán ao pavillón, onde haberá unha gran festa con chocolate con churros e inchables.

Ademais, como en anos anteriores, todos os nenos recibirán o seu agasallo adaptado á súa idade.

A vila conta xa este ano coa iluminación de Nadal posta, que destaca na noite e que pode verse dende lonxe.

 

 

Etiquetas