Pastoriza contará este nadal cun ciclo de cine

O concello da Pastoriza realizará este ano o ciclo Nadal de Cine, que se complementará ao resto da programación habitual. Este ciclo, que foi presentado polo alcalde, Primitivo Iglesias, consitirá na proxección de tres películas os venres.

Un Nadal de Cine está dirixido a maiores e pequenos do noso concello e se iniciará o día 20, ás 21.00 horas, coa película O que arde, película falada en galego máis vista nas salas comerciais, con presenza en múltiples festivais e nominada aos premios Goya.

A continuación, o venres 27 será a vez dos pequenos, que poderán ver, ás 16.30 horas El Grinch. Finalizarán o programa con Peter Rabbit, o 3 de xaneiro á mesma hora.

Para poder asistir hai no Concello xa que o aforo é limitado. Todas as películas serán na Casa da Cultura de balde.

Trátase do primeiro ciclo de cine que se celebra na localidade.

Etiquetas