Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol organiza a Festa de Reis

Por 14 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Friol organiza a Festa de Reis que será o día 5 de xaneiro de 17 a 19 horas.

Os rapaces de 5 a 14 anos acompañados por un adulto e haberá 13 monitores que farán desfrutar aos máis cativos de esta especial data. Ademais, haberá 4 inchables, cotillón para os nenos con caramelos e photocall, sorteos de bicicletas, patinetes e moitos agasallos.

Tamén haberá unha chocolatada para os asistentes e biscoito sen gluten, e as súas Maxestades poderán fotografiarse cos pequenos aos cales se lles entregarán para que teñan un bonito recordo.

Por outra banda, o Concello tamén organiza Obradoiros de Nadal, que dará comezo o 23 de decembro e rematará o 3 de xaneiro.

Esta actividades será no Centro Sociocultural en horario de 11 a 14 horas e está destinada para nenos de 4 a 13 anos.

As prazas son limitadas e a inscrición poderá facerse ata o 18 de decembro.

O Concello inugurará a exposición e fará entrega dos premios dos obradoiros de Nadal o día da Festa de Reis.