Axudas a autonomos

O musical Vaya Santa Claus fará parada nas Pontes

O musical Vaya Santa Claus estará o sábado 21 de decembro no auditorio municipal Alovi, a partir das 18.00 horas.

Neste Nadal, pequenos e maiores poderán desfrutar  deste espectáculo, onde aprender a vivir o espírito do Nadal e os seus valores. Descubrirán cómo se fabrican os xoguetes e voltarán a casa sabendo que o mellor regalo que podemos ter é a familia.

As entradas, a un prezo de cinco euros, estarán dispoñibles en taquilla todos os venres ata a data en horario de 12:00h a 14:00h ademais de poder mercarse onoine en www.tickentradas.com.

Etiquetas