Axencia de colocación

O Ceip Terra Chá inicia hoxe un programa de Nadal en igualdade

O Ceip Terra Chá da parroquia vilalbesa de Román deseñou un amplo programa de actos do Nadal que se inicia hoxeo e que está orientada hacia a igualdade. Está incluído dentro do Pacto de Estado Contra a Violencia de Xénero, impulsado polo Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Igualdade.

Co nome de Nadal en Igualdade, a iniciativa inclúe diversas actividades ata o venres 20. Así, hoxe, xerá a primeira e consistirá na emisión da película de animación Vaiana. O cinema terá continuidade o mércores 18 coa proxección da premiada e recoñecida comedia dramática Campións, que se centra nun equipo de baloncesto formado por persoas con discapacidade intelectual.

O martes 17, os escolares de educación infantil participará nun taller sobre a igualdade, desenvolto coa colaboración do centro terapéutico Mondo de Vilalba.

Os actos propiamente do Nadal chegarán o xoves e o venres. O día 19 o alumnado do centro recibirá a visita de Papá Noel, nunha actividade coa que colabora a Asociación Cultural e Deportiva de Árbore. Tamén o xoves está
prevista unha visita sorpresa dunha personaxe moi coñecida da televisión. Finalizarán o programa cunha visita ao belén electrónico de Begonte o venres, tralo que se desprazarán a Lugo para asistir á proxección dunha película infantil nos cinemas Cristal.

Etiquetas