A Asociación de Veciños de Reigosa organiza unha xornada de cociña

A Asociación de Veciños de Reigosa da Pastoriza, organiza para o día 22 de decembro ás 15.30 horas unha xornada de cociña.

Este curso será impartido por Ana Muinelo, técnica en dirección de cociña, e pdegustaranse pratos de patacas bravas con mexillóns, bombóns de xamón, paté de cabracho, tacos de lagostino e cóctel Bellini.

O prezo para as persoas non socias é de 10 euros e para as persoas socias será de balde.

O prazo para anotarse é ata o día 19 de decembro e podedes facelo a través desta páxina ou no teléfono 658 264 473.

Ademais, o 28 coincidiendo coa feira, a asociación oreganiza unha serie de actividades infantis polo Nadal.

Etiquetas