Axudas a autonomos

A Deputación está a ultimar a pertura da residencia de maiores de Meira

A Deputación está a axudar á residencia de maiores de Meira, cunha achega de 30.000 euros para o peche do recinto.

O alcalde contou que “está previsto que as obras se inicien rapidamente”, e a Deputación confirma que o seu obxectivo é telas finalizadas antes de que acabe este ano.

Nos orzamentos da Deputación para este 2020, incluense fondos para dotar ás instalación de todo o equipamento necesario, e din que “a previsión é equipala pouco a pouco e ir dando os pasos necesarios para a súa apertura”.

O xeriátrico meirego dispoñerá de 30 prazas para internos e 20 máis no centro de día, e tan só quedan pendentes o peche perimetral e o mobiliario, por iso desde o Concello de Meira xa están inmersos na elaboración da documentación e os trámites correspondentes.

O custo da praza calcularase en base á capacidade económica de cada usuario, así todo isto garante aos maiores da provincia o acceso universal ás prazas deste centro.

A Deputación destinou 1,6 millóns para estas obras, mentres o Concello achegou 200.000 euros e os terreos.

 

Etiquetas