Axencia de colocación

O escolares do Ceip Lagostelle fan encontros cos usuarios do centro de día

O Concello de Guitiriz, en colaboración co Ceip de Lagostelle, organizou uns encontros interxeracionais entre os nenos e nenas do colexio e os usuarios do Centro de Día do municipio.

O intercambio será mutuo xa que os máis pequenos elaboraron uns contos que compartirán cos maiores e estes achegaranlles experiencias, anécdotas e vivencias aos nenos e nenas.

Debido ao número de participantes e á aceptación que tivo esta iniciativa creáronse dous grupos: o primeiro acudirá ao Centro de Día este xoves, 19 de decembro, e a data para a visita do segundo aínda está por determinar.

Todos os nenos e nenas que participan neste intercambio están a cursar quinto de primaria no Ceip Lagostelle e estarán guiados en todo momento pola súa profesora.

Etiquetas