O Concello de Abadín substitúe a ponte derrubada en setembro por unha nova

A empresa Xardinor, de Xermade, instalará esta semana a nova ponte que substituirá ao derruido en setembro na área recreativa de Gontán, unha peza que foi encargada e realizada por parte da Confederación Hidrográfica, sendo presidente Francisco Liñares.

O Concello vén de investir na sustitución da ponte un total de 10.100 euros. Trátase dunha construción en madeira con base de formigón para salvar o 7,5 metros lineais que ten o río de ancho nesa zona. Está realizado en pino con dúas zancas de madeira laminada e tarima radiada con baranda e quitamedos “con todas as normas de seguridade”, asegura José María López Rancaño.

A peculiaridade da nova ponte é que ten forma de arco e foi realizada por esta empresa de Xermade, que está especializada en construcións de madeira.

Etiquetas