Enquisa Mobilidade

O PP de Vilalba considera que o cambio na recollida de lixo non se axusta á legalidade

O grupo municipal do Partido Popular de Vilalba, con Agustín Baamonde como voceiro, manifestou que as “supostas probas” que está a realizar o concello no servizo de recollida de lixo e cambio de contedores “plantexan dúbidas sobre a suá legalidade”. Asegura que os cambios que están facendo implican un cambio total na prestación do servizo coa medida se cambiar os de plástico polos de metal.

Asegura Baamonde que os veciños están molestos polo cambio de lugar do contedores, pero que ao haber un cambio na modalidade do servizo, coa implantación da carga lateral con camións diferntes. “o que require un procedemento que non se está a facer”.

Engade tamén o popular que si o cambio é ata marzo, que van facer cando chegue ese día, “volvera poñer os contedores vellos?, sería un contrasentido”.

Defende por tanto o PP as melloras do servizo “que non impliquen un cambio no contrato e de ser así, hai que xustificalo, o que non se está a facer”.

Agustín Baamonde indicou tamén que a recollida lateral é cara, “ofrecéronnola o ano pasado pero supoñía por riba de 200.000 euros implantala e co contrato a piques de remtar non se amortizaba o cambio”.

“Non pode admitir regalos de ningunha empresa e particular aínda que sexa na forma de prestación deun servizo público. É sospeitoso esto cando en menos de seis meses ten que licitarse o contrato novo. Pode estar alterando as condicións de licitación. Ademais, unha empresa privada non pode modificar un servizo público como o que está prestando”, conclúe.

 

Etiquetas