A exposición Xermolo de Luz chega a Guitiriz o sábado

Xermolo de Luz, é unha exposición fotografica conformada por unha pequena mostra de instantáneas en branco e negro arredor dunha pedra feita símbolo que une a dúas personas.

A mesma terá lugar na Casa Habanera de Guitiriz (casi enfrente da ubicación actual da escultura) o vindeiro sábado 21 de decembro ás 19 horas.

Por unha banda o creador da escultura que leva o mesmo nome que a exposición, Xabier Quijada e por outra Alfonso Blanco Torrado inspirador da mesma e xermolador de Cultura.

As instantáneas foron tomadas ó longo de 2 meses, tempo que compartín con Xabier Quijada mentres él ía moldeando a “pedra” que posteriormente se convertiría en recoñecemento perpetuo a Alfonso na vila de Guitiriz.

Na presentación da exposición contaremos coa presencia de Xabier Quijada, Alfonso Blanco e representación do Concello e está organizada por Xermolos en colaboración co Concello de Guitiriz.

Etiquetas