Skip to main content
ActualidadeVilalba

La Caixa entrega unha axuda a asociación vilalbesa Ambepa

Por 19 Decembro, 2019Sin comentarios

A Obra Social La Caixa fixo entrega dunha aportación económica de 3.000 euros á asociación Ambepa no centro sociocomunitario de Vilalba, para a realización de actividades dentro do programa da propia asociación.

A entrega foi realizada por Mónica González, directora da oficina de CaixaBank de Vilalba no nome da Obra Social La Caixa, a membros de Ambepa.

A asociación Ambepa agradeceu o esforzo, empatía e o apoio recibido por parte da Obra Social de La Caixa e a dirección da propia entidade en Vilalba.