O Pleno das Pontes aproba os proxectos do Plan Único

O pleno do Concello das Pontes aprobou hoxe, por unamimidade, os proxectos financiados pola Deputación da Coruña a través do Plan de Obras e Servizos (POS+) 2020 e que suporán unha inversión de case un millón de euros.

A achega da Deputación da Coruña inclúen tres partidas, unha de 457.504,85 euros correspondente á aportacion provicincial do ano 2020, a achega do 2019 para pago a proveedores cunha cuantía de 110.720,35 euros e unha partida de 493,010 euros correspondente ao POS Complementario 2020, que permitirán executar 14 proxectos que seguen a folla de ruta marcada polo goberno municipal para mellorar a calidade de vida da veciñanza e renovar e ampliar os servizos públicos do pobo.

A achega provincial do 2020 permitirá levar a cabo catro actuacións entre as que se atopan a mellora de pavimentos e servizos na Rúa Roseiras á que se destinarán 166.463,89 euros, o asfaltado de estradas nas Cancelas, Poupariña, Esvedral e Penapurreira por 116.269,37 euros. Así mesmo adicaranse 140.382,28 euros á mellora de pavimentos e servizos na Avenida de Ortigueira (FASE I) e 34.389,31 euros adicaranse á reparación e mellora do firme en Gondré e O Castro.

Por outra banda, da asignación da achega do ano 2019 destinaranse 3.000 euros para pago a proveedores e 107.720,35 euros ao saneamento na parroquia de Bermui, na zona de Graña.

Desde o grupo de goberno apuntan que “estes proxectos responden ás demandas da veciñanza, téndose en conta as diversas aportacións realizadas polo tecido social do pobo, contando, desde o primeiro momento, coa súa colaboración”.

O executivo local tamén apuntou que se trata de actuacións prioritarias que van permitir seguir avanzando na renovación estrutural e estética do centro urbano e impulsando servizos nas parroquias.

O pleno municipal tamén aprobou o POS Complementario, con 493.019 euros que se destinarán a nove actuación entre as que se atopan a mellora de servizos e pavimentos na Rúa da Balsa, no tramo comprendido entre a Avenida de Lugo e a Rúa Río Eume, cun orzamento de 169.643 euros así como a reparacción do pavimento Rúa Monte Caxado, cunha partida de 85.925 euros e a mellora de pavimentos e servizoS na Rúa Celso Emilio Ferreiro por 162.036 euros.

Unha partida de 92.880 euros destinarase á reposición de servizos e pavimentos na Avenida da Habana e outra de 150.658,68 euros irá encamiñada a mellorar a pavimentación e servizos na Rúa Anduriñas e traslado de marquesina na Rúa Camelias e 93.367 euros irán destinados á renovación urbana na Avenida das Campeiras.

No rural pontés, investiránse 150.658,68 euros na mellora de servizos e seguridade vial na marxe dereita da AC 564 ao seu paso por Goente, reporanse as capas de rodadura en camiños de Ferreira, Marraxón e Casas Hermas por 64.147 euros e adicaranse 50.000 euros ao asfaltado de estradas en O Couce Seco.

O pleno municipal tamén aprobou por unanimidade o Plan Económico Financiero sen medidas para asi cumpir coa LeI 18/2001, de 12 de decembro, Xeral de Estabilidade Orzamentaria, na súa aplicación ás entidades locais.

Antes de rematala da última sesión plenaria do ano 2019, o tenente alcalde, Antonio Alonso, quixo Desexar aos presentes e á veciñanza das Pontes unhas felices festas e trasladar os desexos do goberno municipal para o novo ano, apuntando que se continuará loitando para lograr a transición enerxética xusta que os veciños e veciñas de As Pontes merecen.

Etiquetas