Skip to main content
Actualidade

Boa participanción no XIII Aberto do galo de billarda de Barreiros

Por 22 Decembro, 2019Sin comentarios

A fin de semana pasado celebrouse o XIII aberto do galo de billarda, a sexta xornada da LNB NorLeste e xogouse no pavillón de San Miguel.

Estableceuse a maior marca de participación na conferencia NorLeste acadando un rexistro de setenta e sete participantes, cincoenta e seis homes e vinteunha donas (entre eles sete infantís entre de sete a doce anos), o que fixo que a xornada matinal se prolongara un pouquiño mais do normal.

Un arranque estelar de Charli que acadou un espectacular varado, facía prever unha extraordinaria xornada como así resultou, ainda que varados, ca nova normativa de non tocar chan, non se conseguiron mais que este en toda a mañá.

Ao longo das carreiras moitos palanadores foron minguando as súas opcións a facer podio e so catro aguantaron o tipo ata o final Basilio e Regueiro con 22 puntos e por riba destos Albino e Daniel con 23.

Para o terceiro posto, Regueiro, que ca actuación de hoxe sumada o tropezo de Charli acada o primeiro posto na xeral individual, viuse superado por un acertado Basilio que o deixou fora do podio.

Na disputa do primeiro e segundo postos, Albino abriu fogo cunha billarda que saiu a rentes do varal, vantaxe que Daniel soupo aproveitar facéndose ca primeira carreira. Na segunda, a saída de Daniel foi cun tiro directo que deixou a Albino sin opción algunha de réplica polo que o Coroceiro acaba gañando a derradeira xornada deste ano.

Boa xornada en xeral para as donas con puntuacións altas, sobresaindo un pouco mais Geni que acadou a maior puntuación delas seguida de perto por Paula e por Vivi.

En infantís, salientar que cada volta son mais os que se animan a xogar. Nesta xornada mañaneira sobresairon os Troitas Bravas Martín e Marcos seguidos da musical billardeira Aroa.

En equipos as diferencias foron pequenas, gañaron os Billardeiros Musicais con 83 puntos e se converten en Campións de inverno (titulo que para nada vale…, pero dache un aquel), segundo foron Troitas Bravas con 82 puntos e terceiros Carabullo e Chainzos-Cadaval, aábolos dous con 78 puntos.

Estos catro equipos son os que loitan pola clasificación para as finais de Santiago. So poden ir tres e calquera destes catro ten potencial dabondo para acadar plaza. De momento ninguen ten nada seguro polo que a loita vai ser feroz ata final de tempada. Sorte para todos e que gañe o mellor.

Como agasallos para o campión foron o galo e un lote de productos de Nadal. O segundo e terceiro así como o equipo da xornada, recibiron tamén sendos lotes surtidos de productos do Nadal.

A liga regular fai un receso ata pasadas estas Festas. Volverá despois de Reis no Aberto da Pita de Mos en Castro de Riberas de Lea.

As clasifiacións logo da sexta xornada quedan asi:

Individual: 

Regueiro (Troitas Bravas)                         121 p

Charli (Carabullo)                                      115 p.

Daniel (Billardeiros Musicais)                    114 p

Albino (Carabullo) Manu Pozo

(Bill. Musicais) e Sachas (carabullo)          112 p

Donas:

Paula (Chainzos-Cadaval)                          79 p.

Geni  (Billardieors Musicais)                       76 p.

Sara (Polka-Miseria)                                    54 p.

Equipos:

Billardeiros Musicais (Ribadeo)               462 p.

Chainzos-Cadaval (Castro de Rei)          455 p.

Troitas Bravas (A Pontenova)                  449 p.