Bonos consumo Vilalba

Os veciños de Riotorto irán a Xuvenlugo o día 26

Un ano máis, o Concello de Riotorto organiza unha viaxe para nenos e nenas ao espazo infantil Xuvenlugo no Nadal prevista para o xoves 26 de decembro con saída do colexio ás 15.30 horas.

As actividades diríxense a rapaces e rapazas de entre 0 e 16 anos e terán que ir acompañados dun adulto.

Os interesados e interesadas poden contactar co Concello para inscribirse e coñecer máis detalles antes do 24 de decembro. O prezo da viaxe é de 10 euros por persoa.

Etiquetas