Skip to main content
Actualidade

As Pontes organiza un curso de linguaxe de signos

Por 26 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello das Pontes, a través da Concellería de Benestar Social, Igualdade, Educación e Xuventude porá en marcha, a segunda semana de xaneiro de 2020, un curso de linguaxe de signos, nivel básico A1.

A través deste curso, cunha duración de 30 horas e dirixido á veciñanza maior de 16 anos, o Concello buscar contribuír a eliminar as barreiras de comunicación que afectan a este colectivo e achegar aos ponteses e pontesas a esta lingua, promovendo que aprendan a comunicarse coas persoas xordas.

Trátase dun curso homologado pola CNSE (Confederación Estatal de Persoas Xordas) e adaptado ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER) do Consello de Europa e será impartido pola Federación de asociacións de persoas xordas de Galicia (FAXPG)

O curso desenvolverase os luns e os mércores, desde o 13 de xaneiro ata o 11 de marzo, de 16:30 horas a 18:20 horas no soto da Casa Dopeso.

Todas as persoas interesadOs poden inscribirse no Rexistro Municipal, en horario de mañá (de 08:30 horas ás 14:00 horas) desde o 26 de decembro ata o 8 de xaneiro. Hai 20 prazas dispoñibles