Sancovade estará de festa o día 18

A parroquia de Sancovade, en Vilalba, comezará o ano coas festas na honra de San Antón. As celebracións terá lugar o 18 de xaneiro con misa solemne a partir das 13.00 horas, seguida e procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Solara.

Pola noite haberá verbena con esta mesma orquestra e La Fórmula.

A organización lembra que o campo da festa contará cunha carpa.

Etiquetas