A Peña Rábade Futbolín organiza un torneo cego este sábado

No hay ninguna descripción de la foto disponible.A Peña Rábade Fútbolín celebrará este sábado, 28 de decembro, o segundo Torneo Cego, tralo éxito obtido o pasado ano na previa do fin de ano de 2018.

A sesión terá lugar a partir das 17.00 horas e nesta ocasión poderán participar persoas de fóra da peña. Ademais, haberá pinchos durante as eliminatorias por cortesía de Café-Bar OS Castro !!!

Os interesados en participar deberán anotarse previamente con Christian (664022017), Alberto (727766426) e Raúl (616352245).

Etiquetas