Skip to main content
A PastorizaActualidade

Elva Carrera anuncia que a praza do médico da Pastoriza cubrirase o 15 de xaneiro

Por 27 Decembro, 2019Decembro 30th, 2019Sin comentarios

A concelleira nacionalista da Pastoriza, Elva Carrera, anunciou que o praza médica vacante no centro de saúde local cubrirase a partir do 15 de xaneiro.

A concelleira fixo este anuncio trala reunión mantida con Ramón Ares, xerente provincial de Sanidade, e con Begoña Seco, xefa territorial da Consellería de Sanidade en Lugo, na que trataron temas de interese sanitario para a poboación do  Concello.

A praza médica estaba sen cubrir a causa dunha baixa do facultativo e levantou moitas protestas por parte dos usuarios do centro de saúde xa que provocaba esperas de días para ser atendido.

A concelleira anunciou tamén que valoraron a “posibilidade de establecer nun futuro, canles de colaboración entre os servizos sociais e servizos sanitarios, que redundarían nunha mellor atención a enfermos crónicos e persoas maiores”.