Cova da serpe organiza a última ruta do ano con chocolatada incluída

O vindeiro domingo29 de decembro o grupo Cova da Serpe BTTeiros realizarán a súa tradicional Ruta con chocolatada para festexar o Nadal e despedir o ano como se merece. Está todo o mundo convidado, eso sí, ten que notificarse a asistencia con antelación a través de mail  (btteiroscovadaserpe@gmail.com).

A ruta constará dun percorrido de 35 km aprox e 600 m no que subirán á Cova da Serpe. A saída será ás 9:30 dende o Campo da Feira de Guitiriz.

Ademais, haberá unha alternativa para os máis pequenos de 15 quilómetros que se quedará no Muíño da Ruxida. Neste caso sairán ás  10:00 diante o Campo da Feira de Guitiriz.

Ao remate, cargarán forzas cun chocolate con churros no Korreo sobre ass 13.00 hoiras aproximadamente.

Etiquetas