Skip to main content
Actualidade

A CIG demanda que o persoal de Suplusa sexa subrogado á Deputación

Por 30 Decembro, 2019Sin comentarios

A CIG vén de manifestar o seu desacordo coa decisión da Deputacion Provincial de subrogar os de traballadores de Suplusa á empresa Tragsa.

Considera este sindicato que o procedemento mediante o cal se levou adiante “carece da mais mínima transparencia e realizouse con absoluta nocturnidade e alevosía no que respecta ás traballadoras e traballadores afectados, posto que en nengún momento foron informados ao respecto dun proceso que afecta directamente á súa situación laboral. Resulta inadmisible que nunha xuntanza realizada no mes de setembro por parte da comisión de liquidación cos traballadores e traballadoras de Suplusa, na mesma non se informe absolutamente da posibilidade de medidas desta índole como consecuencia do proceso de liquidación, e que tres meses despois sen negunha información nova ao respecto se enteren pola prensa de que van a ser subrogados a outra empresa”.

Solicitan por tanto que a Deputación asuma directamente a xestión das funcións que desenvolve o persoal de Suplusa, e que o persoal de Suplusa sexa subrogado á Deputación Provincial. “Resulta ademais incongruente e discriminatorio co que respecta á actuación da Deputación con respecto a outros organismos dependentes da mesma, como foron os casos do Inludes ou a Fundación TIC, ou a provincialización dos parques de bombeiros, a través dun consorcio. Resulta por tanto unha práctica contradictoria no que respecta ao tratamento da Deputación ao persoal dos distintos entes provinciais. Por outra banda a subrogación do persoal pola deputación non significa que a mesma convirta ao persoal en laboral fixo da Deputación”, engaden.

Ademais, solicitan información a respecto das razóns, criterios e da plantilla afectada por esta medida adoptada polo goberno provincial a respecto do Persoal de Suplusa.