Skip to main content
Actualidade

A Deputación financiará a apertura dunha rúa en Outeiro de Rei

Por 30 Decembro, 2019Sin comentarios

A Deputación de Lugo investirá máis de 175.000 euros para mellorar a mobilidade en Outeiro de Rei. O presidente, José Tomé Roca, asinou un convenio co alcalde do municipio, José Pardo Lombao, para a apertura dun tramo viario no casco urbano da vila que conectará a rúa do Concello cunha zona residencial que axudará á ordenación viaria.

Con cargo ao orzamento do 2019, a Deputación destinará en total 175.802,18 euros para mellorar as conexións viarias do centro en Outeiro de Rei. A actuación terá lugar entre a rúa do Concello, que vertebra a localidade, e a denominada rúa C, unha zona residencial de nova creación.

O Concello comprometeuse a financiar as actuacións con 20.000 euros e tamén aportará os terreos precisos, permisos e autorizacións necesarias. Rematados os traballos encargarase tamén da conservación e o mantemento do tramo.

O convenio xa está vixente aínda que con efectos económicos dende o 1 de xaneiro do 2020, ata a súa finalización, o 31 de decembro do 2021.

Este acordo responde á vontade da Deputación de Lugo de impulsar a cooperación cos concellos da provincia de todas as cores políticas para que poidan ofrecer servizos e infraestruturas públicos de calidade e eficientes aos seus veciños e veciñas. Esta cooperación verase impulsada o vindeiro ano 2020 co Plan Único, que contará cun investimento de algo máis de 20 millóns de euros.