Skip to main content
A PastorizaActualidade

Bretoña terá unha cabalgata solidaria o día 6

Por 30 Decembro, 2019Sin comentarios

A Anpa do Ceip de Bretoña e establecementos da vila celebrarán o luns 6 de xaneiro unha cabalgata solidaria no teleclub da localidade.

A sesión comezará cun contacontos sobre as 16.30 horas seguido da saída dos Reis Magos para finalizar a sesión cun chocolate con bizcoito.

O obxectivo é que os pequenos leven á festa un xoguete que xa non se utilice para que poda defrutarlo outro pequeno e “darlle unha segunda vida”.