Organizan de novo en Guitiriz a Aula da Calma

O Concello de Guitiriz organiza unha vez máis as actividades para traballar as fortalezas persoais a través de ioga, mindfullnes, ximnasia cerebral, xogos, técnicas de atención, autoestima e dirixida aos nenos e nenas entre 6 e 16 anos de idade.

Esta actividade, que leva por título Aula da Calma, constará de oito sesións de 45 minutos ou unha hora, en función da idade, que se desenvolverán os mércores pola tarde a partir do 15 de xaneiro.

O lugar escollido para a celebración será a Aula de Ioga da Casa Barxa.

A inscrición xa pode facerse nas instalacións do Concello.

Etiquetas