Continúan as obras de mellora da casa reitoral de Santaballa

A voceira socialista do Goberno provincial e deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, xunto á alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro Fernández, o presidente de Amigos da Liga Santaballesa, Isidro Cillero Prieto, e demais membros da xunta directiva deste colectivo, supervisou as obras de mellora e acondicionamento da casa reitoral de Santaballa, que financiou a Deputación a través dunha subvención de 13.600 euros.

García Porto subliñou que a Deputación mantén “unha estreita colaboración cos colectivos e entidades sociais e culturais da provincia, como Amigos da Liga Santaballesa, cos que ademais de subvencionar estas actuacións, colaboramos coa Feira do Indiano, cunha achega de 4.000 euros. Facémolo no marco do Plan Estratéxico de Turismo, seguindo as súas liñas de actuación como o pulo das sinais de identidade ou a riqueza patrimonial”.

As obras que se realizaron na casa reitoral de Santaballa consistiron na renovación da carpintería exterior das fachadas principal e laterais. Os traballos, que se iniciaron a finais de novembro e xa están rematados, consistiron na restauración das portas e ventás interiores e exteriores, que, co fin de seguir coa construción tradicional da igrexa desta parroquia, colocáronse en madeira.

Etiquetas