300 persoas participaron na San Silvestre de Vilalba

A quinta edición da San Silvestre de Vilalba citou este ano a máis de 300 persoas entre as carreiras infantís, a absoluta —cun percorrido de cinco quilómetros—, e a andaina (2,5 de percorrido). Ao termo da proba, para a que se peonalizou a rúa da Pravia, e trala entrega de medallas na Praza da Constitución, todos os participantes puideron saborear un chocolate con churros.

Na categoría absoluta, Antonio Teijido e Nerea Lage Gil fixéronse coa vitoria en ambas as dúas categorías, seguidos no podio por Jonathan Fernández e Esteban Díaz; e Uxía Fernández e María José Trastoy, respectivamente.

Etiquetas