Búscanse ramistas para as festas do San Xoán de Guitiriz

A comunidade de montes de San Xoan de Lagostelle comunica que o membro da comisión das festas patronais de Guitiriz do próximo ano, Manuel Cea, renuncia ao seu posto por motivos de saúde. Por iso, o colectivo insta a que se presenten voluntarios, polo menos tres persoas, para facerse cargo da organización do San Xoan guitiricense.

Os interesados deberán comunicarllo á directiva da comunidade de montes antes do día 20 de xaneiro, ben por carta ao apartado de correos 64, 27.300 Guitiriz (Lugo), a través do correo electrónico mvmcsjl@gmail.com ou chamando ao número de teléfono 605 025 793.

Etiquetas