Skip to main content
Actualidade

Castro de Rei lánzase ao aforro enerxético con placas fotovoltaicas e cambio de luminarias

Por 5 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O Concello de Castro de Rei destinará ao redor de 440.000 euros a actuacións para promover o aforro enerxético, entre as que destacan o cambio das luminarias e a instalación de placas fotovoltaicas. Ambas iniciativas axudarán a minguar as facturas que deben afrontar as arcas municipais e, ao mesmo tempo, reducir a contaminación.

A partida máis alta, de 270.000 euros, será para a instalación das placas fotovoltaicas que se colocarán na Etap de Quintela, da que depende o suministro de auga de gran parte do concello, e na Edar do polígono industrial de Castro de Ribeiras de Lea.

O Concello acometerá o cambio de luminarias mediante unha subvención do IDAE para a renovación de instalacións e o regulamentario cambio a LED por importe de 143.000 euros que se executarán en antes da primavera. Posteriormente tamén se investirán outros 30.000 euros para realizar esta mesma operación en Castro de Rei.

“Estimamos que se conseguirá un aforro de entre o 30 e o 35% nesas facturas”, explica o rexedor de Castro de Rei, Francisco Balado, que indica que entre as dúas instalacións xeran un dos gastos máis altos que debe afrontar o Concello.