O comercio de Muimenta reparte 1.500 euros en premios no Merca Nadal

A xunta directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, informou de que durante a XI Mercado de Nadal repartironse quince mil rifas entre todos os clientes que tiveron os 23 negocios que participaron nesta edición.

O premio gordo da lotería de Reis recaeu no número 57.342. Polo tanto, as trece papeletas que se repartiron, rematadas en 342, foron agraciadas, cun vale de 100 euros a cada unha delas. Foron repartidas en Desexos, Mercería Teresa García, Prruquería Vélica, Super Setti (2), estanco José Raúl, Supermercados A Tenda, Supermercado A Tenda de Teo, Piensos Germán, Perruquería Ofelia, Farmacia Salelta, Discoteca Hermo, Frutería Novo, Mercedes Abelleira Riveiro e Panadería Hermo.

Os agraciados teñen que poñerse en contacto, ata o vindeiro 15 de xaneiro, cos negocios que repartiron as papeletas gañadoras ou cos membros das xunta directiva para facer efectivo os correspondentes vales.

Os quince premios teñen que gastarse antes do mes (dende a súa entrega) nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial de Muimenta. É en total, suman 1.300,00 euros, ademais de que tan só poderán facerse efectivos unha vez que se produzca a súa entrega oficial.

Etiquetas