Bonos consumo Vilalba

A Cemit de Guitiriz celebra tres sesións formativas

A Aula Cemit do concello de Guitiriz inicia hoxe unha serie de actividades formativas que se desenvolverán polas tarde en horario de 16.00 a 18.00 horas, de martes a xoves.

O primeiro dos cursos prolongarse ata 9 e centrarase en ofrecer claves para poder realizar compras seguras a través de internet.

A continuación terá lugar a segunda quenda formativa, do 14 ao 16 de xaneiro. Nas xornadas abordarán o manexo do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (Sixpac), ofrecendo nocións de como buscar, ver ou medir as parcelas.

Por outra banda, o servizo de almacenamento virtual de arquivos Google Drive é o tema escollido para as actividades que se desenvolverán nas dúas últimas semanas deste mes de xaneiro, do 21 ao 23 e do 28 ao 30. Nestas xornadas trataranse cuestións como a creación de follas de cálculo ou de cartafoles e o subir ou compartir arquivos, ademais de resolver dúbidas dos asistentes.

As persoas interesadas en solicitar máis información ou en participar en calquera destes seminarios poden poñerse en contacto coa Aula Cemit a través do correo electrónico cemit.guitiriz@xunta.gal ou dos teléfonos 982.37.00.62 (Casa Habanera) e 982.37.01.09 (casa do concello). As actividades, que se desenvolven no telecentro guitiricense son totalmente gratuítas, pero para asistir débese formalizar antes a inscrición.

Etiquetas