Vilalba acollerá o sábado o tradicional festival de panxoliñas

Un ano máis, o auditorio Carmen Estévez de Vilalba acollerá o Festival de Polifonía e Panxoliñas, que este año chegará á súa edición número XXXIV.

Este festival está organizado pola Coral Polifónica Vilalbesa e terá lugar o 11 de xaneiro coa participación das corais: Coral Polifónica Luar, a Coral Polifónica Vilalbesa e o Orfeón Lucense.

A convocatoria terá lugar ças 20.30 horas, con entrada de balde.

A Coral Polifónica de Vilalbesa interpretará as pezas Vinde Ledos, Na noite máis fermosa, A media noche, Eres Tú e Lévame. Pola súa banda, o Orfeón Lucense presentará un repertirio con Drop Drop Slowtears, Linda noite de natal, La Vieja, Canto de Bercer para unha princesa negra e O meu amor é mariñeiro.

E a Coral Polifónica Luar de Vilalba interpretará Viento del Norte, Rubio como el sol, Ya viene la Vieja, O voso galo Comadre e Mi burrito sabanero.

Etiquetas