Skip to main content
A PastorizaActualidade

Afalu e o Concello da Pastoriza organizan unha charla sobre demencias

Por 9 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A asociación Afalu, Asociación de familiares de Enfermos de Alzheimer Lugo, e o Concello da Pastoriza, organizan unha charla informativa sobre as diferentes demencias.

Nesta charla, que será o venres 10 de 16.30 a 18 horas, falarase de como prevenir, detectar e afrontar este tipo de demencias.

Será impartida por Maitane Fernández Núñez, traballadora social, e Judith Gayoso Lorenzo, psicóloga.